María Neves Soutelo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Soutelo Vázquez.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1982 (41 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poetisa , escritora |
Lingua | Lingua galega |
Premios | |
María Neves Soutelo Vázquez, nada en Pontevedra o 16 de decembro de 1982, é unha poeta galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en patrimonio documental e bibliográfico, e arquivística.[1]
Gañou en 2007 a XX edición do Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón co seu primeiro poemario Código poético.[2][3] Formou parte do consello de redacción da folla voandeira de poesía AugasVerso. Na actualidade, compatibiliza o seu labor docente na educación pública coa coordinación de obradoiros de escrita creativa e a creación de contidos web.
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Código poético (2008). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-8478245628
- Diáspora (2012). Noia: Acha Escrava. 83 páxs. ISBN 978-84-937986-1-1.
- Nestes Días (2014). Q de Vian Cadernos, A Porta Verde do Sétimo Andar, Nova Galicia Edicións.[4] 56 páxs.[5]
- A boa filla (2020). Pontevedra: Urutau. 62 páxs. ISBN 978-85-7105-098-0.[6]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Poesía contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.
- Poetas con Rosalía, 2010, Fundación Rosalía.
- Sétimo andar, poesía alén, 2010, Nova Galicia Edicións.
- Dairas, 2011, IES Manuel García Barros da Estrada.
- Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- Dez anos na Porta, 2015, A porta verde do sétimo andar.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
- Aldeas sen voz, 2016, Editorial Canela.
Premios[editar | editar a fonte]
- XX Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2007, por Código poético.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "» María N. Soutelo". Consultado o 2023-01-19.
- ↑ "Ficha do libro na editorial Sotelo Blanco". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2011. Consultado o 23 de maio de 2011.
- ↑ Redacción (17 de decembro de 2007). "Rubén Ceide e María Soutelo, novos valores das letras galegas". vieiros.com. Consultado o 20 de agosto de 2022.
- ↑ "María Neves Soutelo fálanos do poemario "Nestes días", que publican A porta verde do sétimo andar CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-01-19.
- ↑ Nicolás, Ramón (2014-12-13). "Nestes días, de María N. Soutelo". Caderno da crítica. Consultado o 2023-01-19.
- ↑ "» A boa filla". Consultado o 2023-01-19.